Nov 22, 2017
OITO QUILÓMETROS CORRENDO ENTRE ESCULTURAS
O 8 k do Lérez é un evento que nace en 2017. O seu obxectivo é chegar ao público máis popular entre menores e adultos contando coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Sociedade Ximnástica de Pontevedra. O lugar no que se desenvolve a proba é unha zona privilexiada de Pontevedra, nunha contorna natural incomparable nas inmediacións do río, que conta con múltiples accesos por estrada e todos os servizos que deportistas, acompañantes e espectadores necesitan. A distancia, moi alcanzable para calquera persoa cun nivel de adestramento medio, será de 8 Quilómetros na súa carreira absoluta.